Aviso! Esta tradución está moi desfasada, consulte o orixinal.
Que significa libre? ou Que se quere dicir con software libre?
Nota: En febreiro de 1998 un grupo moveuse para substituír o termo «software libre» por «software de código aberto». Ambos se refiren en esencia ao mesmo.
Moita xente que chega nova ao software libre atópase confusa porque a palabra «libre» no termo «software libre» non se usa da forma que esperan. Para eles o termo «libre» significa «gratis». Un dicionario inglés lista polo menos vinte definicións distintas para o termo «libre». Só unha delas é «gratis». As demais refírense á liberdade e á falta de restricións. Cando falamos de software libre falamos de liberdade, non do prezo.
O software que é libre só no sentido de que non ten que pagar por usalo, dificilmente se pode considerar libre. Pode que lle prohiban prestalo, e con case total seguridade lle impedirán melloralo. O software cunha licenza gratuíta é normalmente unha arma nunha campaña de márketing para promocionar un produto relacionado ou para sacar a un competidor do mercado. Non hai ningunha garantía de que vaia permanecer libre.
O software libre de verdade sempre é libre. O software que pasa ó dominio público pode ser usado en aplicativos non libres. Calquera mellora que se lle faga será perdida pola sociedade. Para permanecer libre, o software debe ser rexistrado e licenciado.
Para os non iniciados, un software é libre ou non o é. Na vida real isto é moito máis complicado. Para entender o que implica cando a xente fala de software libre debemos dar unha volta polo mundo das licenzas de software.
Os dereitos de autor son un método para protexer os dereitos do creador de certos tipos de traballos. Na maioría dos países, o software que se escribe ten dereitos de autor automaticamente. Unha licenza é a forma que ten o autor para permitir o uso da súa creación (software neste caso) por outros, de forma que lles resulte aceptable. É responsabilidade do autor incluír unha licenza que declare en que forma o software pode ser usado. Para ver unha discusión formal sobre os dereitos de autor consulte https://www.copyright.gov/.
Por suposto, diferentes circunstancias precisan diferentes licenzas. As compañías de software buscan protexer os seus negocios, polo que só publican código compilado (que non é lexible por humanos) e poñen moitas restricións sobre o uso do software. Por outra banda, os autores de software libre buscan normalmente unha combinación do seguinte:
- Non permitir o uso do seu código en software privativo. Xa que publican o seu código para o uso de todo o mundo, non queren que outros o rouben. En ese caso, o uso do código vese como unha confianza: podes usalo, sempre que xogues cas mesmas regras.
- Protexer a identidade da autoría do código. A xente está moi orgullosa do seu traballo e non quere que veña ninguén a quitar o seu nome e reclamar que o escribiu el.
- Distribución do código fonte. Un dos problemas ca maioría do código comercial é que non podes arranxar fallos ou personalizalo xa que o código fonte non está dispoñíbel. Moitas licenzas libres obrigan á distribución do código fonte. Isto protexe ao usuario permitíndoo personalizar o software segundo as súas necesidades.
- Forzar calquera obra que inclúa parte do seu traballo (chámanselle traballos derivados nas discusións dos dereitos de autor) a usar a mesma licenza.
Moita xente escribe a súa propia licenza. Isto non está ben visto, xa que escribir unha licenza que faga o que un quere implica asuntos sutís. A miúdo a redacción é ambigua, ou créanse condicións en conflito con outras. Escribir unha licenza que se teña que defender nun xulgado é inda máis difícil. Afortunadamente, xa existen diversas licenzas escritas que probablemente fagan o que quere.
Tres das licenzas máis difundidas son:
- A GNU General Public License (GPL). Pode atoparse información básica sobre licenzas de software e unha copia da licenza no sitio web de GNU. Esta é a licenza libre máis comunmente usada en todo o mundo.
- Licenza artística.
- Licenza BSD.
Algunhas das características que estas licenzas teñen en común.
- Pode instalar o software en tantas máquinas como queira.
- O software pode ser usado por calquera número de persoas ao mesmo tempo.
- Pode facer tantas copias do software como queira e darllas a quen queira (distribución libre ou aberta).
- Non hai restricións para modificar o software (excepto por manter certos avisos intactos).
- Sen restricións para distribuír ou incluso vender o software.
Este último punto, que permite vender o software a cambio de cartos, parece ir en contra da idea de software libre, pero é realmente unha das súas fortalezas. Xa que a licenza permite unha distribución libre, unha vez que unha persoa obteña unha copia poderá distribuíla ela mesma. Poderá incluso tratar de vendela. Na práctica, a copia electrónica de software non ten esencialmente ningún custo. A oferta e a demanda manterá o custo baixo. Se resulta convínte para un software moi grande, ou un agregado de software, ser distribuído sobre algún soporte, como un CD, o vendedor é libre de cobrar o que considere. Se o marxe de beneficio é demasiado alto, aparecerán novos vendedores no mercado e a competencia baixará os prezos. Como resultado, pode mercar unha publicación de Debian en CDs por só uns poucos euros.
Inda que o software libre non está totalmente libre de restricións (so algo no dominio público o está), dálle ao usuario a flexibilidade de facer o que precisa para traballar. Ao mesmo tempo, protexe os dereitos do autor. Iso é liberdade.
O proxecto Debian apoia o software libre. Xa que se usan moitas licenzas diferentes no software, desenvolvéronse unhas directrices, as directrices de software libre de Debian (DFSG) , para ter unha definición razoable do que constitúe software libre. A distribución principal (main) de Debian só permite software que cumpra cas DFSG.